quarta-feira, 30 de abril de 2014

Amor de Pai

Amor de Pai

(Poesía autoexplicada)


Cortei un dedo,
vai pola promesa:
Un por unha.
Hostia,
puño,
cara,
neno.
Da década, un.
Pronto os pés.
Cortei un dedo,
vai pola promesa:
Un (dedo) por unha (hostia que lle zoupei a meu fillo).
Hostia,
puño,
cara,
neno.
Da década (os dez  dedos das mans), un (xa cortei nove).
Pronto os pés.
(Publicado em Elipse núm. 1, outubro de 2013)

M. Pardo (Galiza)

Sem comentários:

Enviar um comentário