sexta-feira, 20 de março de 2015

De luces e tebras

Haikus


Ai! Un lamento
          non dará de comer
senón tortura

***

Casas de seda:
non posuímos máis
do que nos queda

***

O sangue  a sangue
a boa educación
    dá e endereza

***

Neve de abril
cando tiña o sol
xa prometido


(Publicado em Elipse n.º 2, fevereiro de 2014)

Iria Beltrán Gonzalo (Vigo, Galiza)
«Detrás destas pequenas estrofas hai un corazón que latexa, unhas palabras lidas doutros corazóns, coma o de Mario Benedetti, e unha man que escribe o que unha cabeza pensa e sente. Cada verso ocupa o que ocupa nesta mente e colócase nun espazo branco tal cal foi, deste xeito, parido. Xamais pensei en publicar nin sequera un destes poemas. Quedan nas vosas mans, para que mos eduquedes, e con eles, á cabeza, ó corazón».

Sem comentários:

Enviar um comentário